s alcaldes dunha ducia de concellos da área metropolitana de Vigo asinaron onte o convenio de transporte metropolitano que prevé descontos do 50% para o medio millón de usuarios da zona. Ausente do acto o rexedor vigués, o presidente da Xunta gabou os alcaldes asinantes “por faceren realidade o transporte metropolitano antepoñendo os intereses dos cidadáns”. Son doce alcaldes, dez do PP, un socialista e outro independente. Asinan un convenio que lles permite aos seus veciños aforrar uns 600 euros ao ano en autobús e barco con descontos medios do 50%. Coa tarxeta que exhiben xuntos tras a sinatura, contan sacar das rúas uns 3.000 vehículos diarios e que aumente o 30% o transporte metropolitano.