Un home de 66 anos faleceu esta mañá ao caer dunha árbore mentres traballaba en Reboreda, en Redondela, nunha casa particular. Contra as 09.00 horas de hoxe, un particular alertou os servizos de urxencias. O equipo médico desprazado ao lugar só puido certificar a morte do operario. Segundo Protección Civil o home non contaba con medidas de seguridade cando realizaba o traballo.