Miguel Borines é unha das pezas claves da tele-serie Serramoura na que encarna o papel de Moncho, un home rehabilitado no alcohol. Borines leva máis de 30 anos exercendo a profesión  no teatro da man de Tanxarina aínda que de vez en cando podémolo atopar no panorama audiovisual. “ Lena”de Gonzalo Tapia ,“Los Lunes al sol” de Fernando León, “Heroína”de Gerardo Herrero .En breves poderemos seguilo  na tele-serie que emite Hotel Almirante  da T.V.G.