O xogador D. Eduardo González Ricón, co próximo catorce de abril cumprirá dez anos, ven de acadar un dos mellores logros no fútbol sala de base redondelán, o subcampionato de seleccións autonómicas, disputado na localidade asturiana de Gijón, representando a nosa comunidade galega, e ademais, como capitán da mesma, incluso sendo partícipe do trofeo a selección máis deportiva. “Edu”, está a disputar esta tempada, a Liga Provincial Benxamín cos seus compañeiros do Redondela FS “A”.