Por cuarto ano consecutivo comeza a Ruta do Pincho de Redondela, un evento turístico gastronómico que o que trata é de promover a hostalaría local. Dentro dos 26 establecementos onde podremos degustar os Pinchos este ano sumáronse á idea locais de Chapela onde por un prezo de 2,95€ poderáse degustar un Pincho acompañado duns viños da Bodegas Altos de Tarona, Regina Viarum e Alcorta. Ademais haberá premio directo aos clientes que rematen a ruta.