Dous mozos quedaron feridos graves nun accidente en Chapela, no concello de Redondela. Pénsase que a velocidade foi a causa do sinistro. O coche en que ían os rapaces perdeu o control e invadiu o sentido contrario onde bateu frontalmente cun turismo. Despois do impacto así quedaron os dous vehículos. O coche no que ían os mozos, e o outro automóbil que ía en dirección Redondela. Varios veciños da zona foron testemuñas do sinistro. O condutor do vehículo quedou ferido grave igual ca o mozo que viaxaba detrás e que saíu despedido polo cristal. O terceiro dos mozos que ía de copiloto non sufriu dano ningún e saíu do vehículo polo seu propio pé.