Unha familia de Chapela, en Redondela, denuncia os problemas de acceso á súa vivenda. A rúa remata a cento cincuenta metros da casa e os inquilinos teñen que percorrer un camiño estreito polo que non poden pasar vehículos. Algúns membros da familia padecen unha discapacidade e polo carreiro apenas cabe unha cadeira de rodas. Este é o único acceso a esta vivenda situada en Chapela, no concello de Redondela, un camiño estreito polo que non poden pasar vehículos. Os inquilinos da casa teñen que deixar o coche a cento cincuenta metros e facer o traxecto a pé. Algúns dos membros desta familia padecen unha discapacidade o que aumenta a dificultade para chegar á casa. Un dos principais temores desta familia é que ante calquera urxencia nin unha ambulancia nin un coche de bombeiros podería pasar por este camiño, tampouco unha cadeira de rodas. Facer a compra é outra das complicacións, xa que teñen que cargar coas bolsas por todo o camiño.  Os afectados levan 30 anos loitando por anchear o camiño. Din que a maioría dos veciños están dispostos a ceder os terreos, pero que o concello nunca actuou. Pídenlles ás administracións que se impliquen no problema para buscar unha solución.