Redondela rematou o ano adicado a Rita Otero coa inauguración dunha rúa. O acto estivo organizado polo Concello de Redondela dentro das actividades da “Persoa distinguida do Ano”, Pedro Regojo foi a persoa escollida pola familia para lembrar a ” boa persoa que foi a súa nai, e que destacou pola amabilidade aos demais en momentos no que a fame era moi presente”.