ANNA é unha guapa moza de 18 anos, que se prepara para se converter en monxa no convento onde viviu desde que quedou orfa de nena, pero pronto descobre que ten unha parente viva que debe visitar antes de tomar os votos, a irmá da súa nai, WANDA. Ambas embárcanse xuntas nunha viaxe de descubrimento sobre elas mesmas e do seu pasado común. ANNA descobre que a súa tía non só é unha antiga avogada do Estado comunista, coñecida por sentenciar a sacerdotes e a outras persoas a morte, senón que ademais é xudía. Descobre así que ela tamén é xudía e que o seu verdadeiro nome é IDA. Esta revelación fai que ANNA, agora IDA, inicie unha viaxe para descubrir as súas raíces e para enfrontarse á realidade sobre a súa familia. IDA debe elixir entre a súa identidade natal e a relixión que a salvou das masacres da ocupación nazi de Polonia. E WANDA debe enfrontarse a decisións que tomou durante a Guerra, cando elixiu a fidelidade á causa antes que a familia.

O filme polaco gañador do óscar 2015 á mellor película de fala non inglesa, proxéctase este venres, 17 de abril, ás 21.00 h, no auditorio da Xunqueira.