Rematado o XI festival nacional de curtametraxes Redondela en Curto, pódese dicir que novamente o Festival foi todo un éxito. Pese o intento da choiva de alterar o evento centos de persoas achegáronse o Multiusos da Xunqueira para asistir as proxeccións. Catro días adicados á curtametraxe onde non faltou o ambiente que rodea os festivais máis recoñecidos, música, photocall e as mellores galas para celebrar o Redondela en Curto.