Precisamente Redondela quenta motores para a celebración da súa tradicional Festa do Choco, que fai 29 edicións a vindeira fin de semana. A organización prevé recibir uns 35.000 visitantes que degustarán os 3.000 quilos deste cefalópodo. Cando faltan dous meses para que remate a campaña da pesca do choco, á confraría redondelá sáenlle os números. Os hostaleiros encargados de preparar os 3.000 quilos de choco reservados para a festa andan atafegados estes días para ir avanzando o traballo.