O Club Deportivo Choco fai historia o gañar en Santa Mariña ao filial do Deportivo da Coruña. Os xogadores “choqueiros” tiñan que gañar o encontro para clasificarse matematicamente a falta dunha xornada para xogar por primeira vez na súa historia o ascendo á segunda división B. Os locais adiantáronse no marcador no minuto 36 cun gol do xogador Comis, na reanudación da segunda metade Silva facía o 2-0. O Deportivo facía o 2-1 a falta de 20 minutos para rematar o encontro.