Miles de persoas visitaron a XXIX Festa do Choco de Redondela, segundo os hostaleiros o sábado xa se notaba que o ambiente ía ser como o esperado. Os cociñeiros abrían os actos na tarde do sábado ofrecendo as mellores receitas de chocos aos presentes. O día forte da Festa sería o domingo, como todos agardaban milleiros de persoas acudían a Redondela en busca da mellor tapa de choco.