Estas eleccións supuxeron o bum das candidaturas alternativas pero o fenómeno non é novo. En Redondela o descontento de varios veciños callou nunha agrupación de electores que resultou todo un éxito. En 2011 o seu único concelleiro converteuse en chave de goberno. Agora aspiran a mellorar os seus resultados.