Tanto Ricardo Figueroa como “Kampa” Crespo nunca pensarían que nalgún momento das súas vidas estarían representando ó Concello de Redondela dende unha agrupación política. O certo que dende a chegada de A.E.R ó Concello a política actual en Redondela deu un xiro inesperado. Nesta ocasión Redondela.tv desprazouse ata as oficinas de A.E.R no concello para saber de primeira man cal é o programa electoral da Agrupación de Electores de Redondela. Agradecemos a Ricardo e “Kampa” a súa hospitalidade.