Javier Bas candidato á Alcaldía de Redondela espéranos nos xardíns na alameda de Redondela para ser entrevistado dentro do programa Especial Eleccións. Nunca antes na historia política de Redondela houbera un alcalde do P.P que estivera tanto tempo como alcalde ata a chegada de Bas. Co líder do P.P conversamos de temas relacionados coa vila, pero non deixamos escapar o centro de día de Cesantes e a ampliación da ponte de Rande.