Redondela.tv desprazouse na noite electoral en busca de Ricardo Figueroa (actual concelleiro da Agrupación de Electores de Redondela) e do resto do seu equipo para que nos contaran as primeiras impresións logo de que acadaran 4 concelleiros para os próximos catro anos no concello de Redondela. Os membros de A.E.R consideraban unha subida de votos antes de rematar as eleccións, pero nunca pensaron no número de votos que acadaron 2.837 un 17,80% dos votantes. Deste xeito A.E.R é o claro vencedor dás Eleccións Municipais 2015.