Un bar situado na praia de Cesantes, en Redondela, volveu ser o obxectivo dos ladróns por segunda vez en dous meses. Nesta ocasión os asaltantes saquearon o local. Levaron a televisión e toda a mercadoría que os propietarios almacenaban para a temporada de verán. O material roubado supera os 6.000 euros. Os ladróns forzaron a porta principal do establecemento, pero non puideron abrila polo que optaron por saltar o muro e acceder ao interior pola parte de atrás. Cando conseguiron entrar non tiveron présa para baleirar o almacén onde os propietarios gardaban toda a mercadoría para a temporada de verán. Tamén levaron a televisión e os cartos da máquina de tabaco e do fútbol de mesa.