Redondela ten infinidade de festas, pero sen lugar algún a denominada “Festa da Coca” é a súa festa máis importante. Hai anos o ” xoves de Corpus” era considerado festivo nacional e Redondela recibía milleiros de persoas que se achegaban a Vila coa comida preparada para pasar un día enteiro. Aínda que a tradición xa non é o que era Redondela sigue atraendo a miles de persoas o día de Corpus. Un dos atractivos máis importantes é a tradicional Danza das Espadas e a Coca de Redondela.