“Corpus Christi” é o día forte de Redondela dende hai moitos anos, a tradicional “Festa da Coca” é o día esperado na Vila. O xoves de “Corpus” é o día por tradición de saír ben cedo a ver as alfombras e de coller sitio en calquera das prazas para ver o baile da Danza das Espadas, Todo isto acompañado dos Cabezudos e da tradicional Coca.