Dende varias horas antes de que comeze o Baile das Espadas a xente espera na praza da Constitución para poder coller o mellor sitio para poder contemplar o baile. Centos de persoas esperan ansiosamente a saída da procesión para gozar duns 12 minutos espectaculares onde os Danzantes intentan vencer á Coca para que devolva as mozas que raptou.