R.M.S. é unha banda nacida en Redondela formada por 3 músicos: Carli (guitarra), Juanchy (baixo) e Xoel (batería) O nome da banda R.M.S. fai referencia ós apelidos destes tres máquinas que van deleitarnos na presentación do Millo Verde o xoves 11 de Xuño en Chan das Pipas. Unha presentación na que amosarán todo o seu repertorio de rock clásico, facendo versións de temas que van dende os anos 60` ós 80`.A banda redondelá actuará o xoves 11 ás  22h, tendo de teloneiros a Eskornakabratúa. Videoclip do tema “Born to be wild” gravado polo grupo “R.M.S” durante a visita dos alumnos de teleco ós estudios Casa de Tolos en decembro de 2012