O pasado sábado celebrouse no Multiusos da xunqueira o pleno especial para proclamar o novo alcalde de Redondela. Despois de dúas semanas de cruces de declaracións en prensa por parte do P.S.O.E de Redondela onde acusaban á Agrupación de Electores de Redondela de ser a “marca branca” do Partido Popular e de beneficiarse de postos de traballo por parte do Partido Popular de Redondela o pleno celebrouse con normalidade. O popular Javier Bas foi escollido novamente como alcalde de Redondela.