Redondela reuniu a uns 800 corredores para celebrar a VIII edición da Carreira Popular Concello de Redondela. Dende ben cedo os corredores invadían as rúas de Redondela facendo exercicios de quecemento. Neste popular evento participaron rapaces e rapazas de todas as idades dende os máis pequenos ó redor de 4 anos aos máis maiores 60 anos. O Club de Atletismo de Redondela C.A.R foi o encargado de organizar o evento.