No pleno realizado o martes no Multiusos da Xunqueira para tratar de chegar a un acordo sobre cal sería o soldo do Alcade non foi moi exitoso. Cada partido levaba as súas propostas o cal ó non haber entendemento tivo que ser suspendido a orden do día. O Alcalde de Redondela chegaba ata ese día cun soldo de 55.000 € que era o que defendía o Partido Popular , 27.000 era o que propuña Redondela Pode, 40.000 euros brutos anuais foi a proposta do PSOE, 45.000 a proposta do BNG e 41.000 defendía AER.