45.000 euros ao ano foi a proposta aprobada pola cal Javier Bas cobrará polo seus servizos como Alcalde. Tras varios días de negociacións e despois de escoitar as dintintas propostas polos partidos da oposición seguía sen haber entendemento pero o voto favorable de A.E.R deu o visto bo ao novo soldo do Alcalde. Tamén quedou aprobado cos votos favorables de A.E.R os concelleiros con dedicación exclusiva que percibirán 23.000 euros ao ano, a dedicación parcial será de 18.000. O resto dos Concelleiros recibirán un soldo de 5.184 euros, 8.100 no caso de voceiros da oposición.