Chapela acolle este domingo dobre competición de Traiñeiras, por unha banda celebrase a I Bandeira feminina , na que queren dar como recoñecemento ao seu equipo feminino. Por outro lado organizan a II Bandeira Masculina de Traiñeiras. As remeiras femininas compiten por primeira vez con embarcación propia algo polo que o club de Chapela leva loitando durante tempo. Para Julio Mougán concelleiro de deportes a aposta da súa concellería e firme por este deporte.