O Alcalde de Redondela Javier Bas e o Concelleiro de Cultura Julio Mougán recibiron ao equipo feminino da S.A.R despois do logro acadado o que lle permite o ascenso a división de 2º Nacional.
O seu adestrador Elisardo González ” Chini” destacou o esforzo da fase de ascenso xogada en Santader. Polo tanto o Shopimagen S.A.R xogará na división de prata do balonmán feminino.