A asociación de enfermos mentais L.E.N.D.A. organiza unha carreira solidaria dentro do 20 aniversario da asociación. Dentro das actividades culturais do 20 aniversario está incuída a 1ª carreira solidaria polas rúas de Redondela cun percorrido de 1.900 metros. Unha carreira onde non é preciso inscribirse previamente xa que no mesmo momento da carreira é suficiente. O rematar a mesma haberá pinchos e bebida solidaria xa que o pago da mesma é o que se recaudará para a Asociación no evento.