O venres pasado celebrouse a 1ª Carreira Popular L.E.N.D.A unha Carreira que celebraba o 20 aniversario da Asociación . Un percorrido de case 2.000metros polo casco antigo de Redondela onde os participantes tiñan a dificultade de subir e baixar escaleira ademais das costas pronunciadas dalgunhas rúas. Un evento que aparte de reunir aos atletas da vila congregou a moitas familias dispostas a competir por unha causa social.