Xoán Carlos González voceiro do B.N.G. presentou unha moción a pleno sobre as retribucións non cobradas por mor das eleccións municipais xa que durante un tempo houbo concelleiros dos distintos partidos que non cobraron o seu soldo mentres non xuraban cargo. González propón que esa partida económica sexa doada a entidades con fins sociais como L.E.N.D.A ou Andaina.