O novo campo de fútbol coñecido sempre como o “anexo” acaba de ser bautizado co nome Manuel Conde en referencia a Manolo “Casa Paco”. A vida de Manuel Conde “Manolo” estivo sempre ligada ao deporte concretamente ao mundo do fútbol. Centos de xogadores pasaron polas categorías do Grupo Casa Paco 81, xogadores como Pablo Couñago ou Mateo Míguez formaron parte das categorías. Unha iniciativa municipal e o respaldo dos distintos partidos políticos levaron adiante a instalación dunha placa adicada a Manolo Conde como novo nome do campo.