O grupo de traballo liderado por Raquel Quintáns presentaron unha moción sobre a creación dun “Almacén solidario ” . Esta moción trata de reunir material solidario aportado polos veciños da vila para que poida ter un segundo uso entre as familias máis necesitadas. A moción foi “aparcada” momentaneamente para decidir nunha xunta de concelleiros como levala adiante en mellores condicións.