Co novo comezo escolar alumnos do I.E.S Chapela están a sufrir o abandono por parte do autobús á hora da recollida. A nova ubicación da marquesiña fai que o autobús non faga parada por mor das medidas tomadas por parte da Consellería de Educación, antigamente o lugar de recollida estaba no camiño da Fenteira en Chapela. O grupo socialista insta a Xunta que volva a facer parada no lugar de costume para a recollida do alumnado.