Unha das series máis de moda da televisión de Galicia é Serramoura. Ambientado no mundo da madeira, este thriller rural, que conta a historia dunha pequena e tranquila vila do interior, levará os espectadores por algunhas das paraxes forestais máis belas e tamén máis misteriosas de Galicia. Miguel Borines e Andrés Giráldez forman parte do elenco da serie, “Moncho” encarnado por Borines é un dos personaxes máis de moda na serie, a carga dramática na ficción de “Moncho” fai que o espectador estea enganchado á serie.