O C.D. Choco visitou onte o campo do Alondras C.F onde os irmáns Montes ían a disputar o primeiro partido da tempada como rivais. Comezou moi forte o Alondras C.F  dominando en todos os aspectos do xogo, en apenas 15 minutos do partido  e o Alondras C.F xa marcara o seu primeiro tanto. O paso polo vestiario fixo que o C.D. Choco saíra con máis enerxía que nos primeiros 45 minutos e fíxose dono do partido conseguindo o empate a un gol no marcador que xa non se movería ata o final do encontro.

Vídeos relacionados