A Frota de Indias, composta por 19 buques escoltados por 22 navíos franceses, partira o 11 de xuño desde A Habana cara a Cádiz cun gran cargamento. Á metade de travesía foron informados de que unha poderosa escuadra anglo-holandesa os agardaba no cabo San Vicente, polo que o almirante Manuel de Velasco decide desviarse cara a ría de Vigo, onde entran o 22 de setembro.A Batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e na enseada de San Simón, no interior da ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702. Enfrontou ás escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da Guerra de Sucesión Española.