O concelleiro de deportes Julio Mougán presentou no Concello de Redondela un ciclo de xornadas formativas co ánimo de formar e preparar a todos os involucrados no deporte, dende os practicantes ata os directivos, pasando por aficionados, adestradores, pais, nais e familiares .Lánzanse catro charlas formativas con temática diversa, sobre todo na que se refire aquela plantexada ou máis demandada pola maioría dos clubs. Primeiros auxilios, nutrición, comunicación e deporte saudable, serán os títulos dunhas xornadas, que estarán guiadas polos mellores profesionais posibles, cada un deles na súa área.