O Concello de Redondela celebrou o dia da Violencia de Xénero coa lectura dun manifesto e entrega de ramo de frores xunto á árbore que simboliza a erradicación da violencia de xénero. Un grupo de rapaces do instituto San Simón leron o manifesto diante da porta do Concello e entregaron a ofrenda floral . Ismael García era o primeiro en levantar a voz para denunciar os 48 asasinatos contabilizados este ano “nais, amigas, fillas ou compañeiras que xa non volverán”. Antía Rubín insistía na idea de que malia a existencia de axudas institucionais en moitos casos “as mulleres están atrapadas, incapaces de rachar coa situación que as mantén nese círculo de violencia”.
A voz de Lucas Martínez servía para berrar un “non ao medo” e animaba ás mulleres a buscar unha saída. Pechaba esta intervención Patricia García quen manifestaba osue desexo “por celebrar un 25 de novembro sen vítimas”.