Complícase a situación de Pescanova. A multinacional galega con sede en Redondela admitiu hoxe discrepancias entre o que lles debe aos bancos e a cifra que figura na súa contabilidade. Fontes financeiras aseguran que ese desaxuste podería ser máis de 500 millóns de euros. A Comisión Nacional do Mercado de Valores suspendeu hoxe a súa cotización ante as ordes masivas de venda das súas accións.