O Partido Socialista presentou unha moción no pleno sobre o estado da ponte que leva a Trasmañó, segundo os socialistas o técnico de urbanismo do Concello de Redondela informou aos grupos políticos tras as obras de ampliación da AP-9, que o Partido Popular nunca solicitara un seguimento das obras en terreo municipal e que o goberno local nunca se interesara en alternativas distintas as de Fomento e Audasa.
As citadas obras fan que a ponte que leva ao barrio de Trasmañó vaia a sufrir remodelacións quedando esta nun estado de perigo para os peóns e condutores, xa que o seu tamaño vai a ser reducido. O Partido Socialista pide instar a fomento que o estado da ponte sexa o mellor posible.