A Agrupación de Electores de Redondela presentou unha moción para dar apoio aos artistas locais, elaborando un censo por parte do concello onde figuren as diversas actividades culturais, música cine, teatro, danza etc. Dito censo sería complementario coa construción dunha web onde figure toda información referente aos artistas, sendo o Concello de Redondela o encargado de actualizar dita páxina. AER tamén solicitou a creación dun apartado de músicas ao vivo onde se contraten músicos locais para actuar por distintos locais da vila.