Radio Polorri, a canción de Xan Carallás é un programa de radio que se empezará a gravar esta mesma semana  sobre a música en Redondela sobre a súa historia e actualidade . Radio Polorri pretender  liar a toda a xente involucrada na música do pobo. Nestes momentos están  en proceso de documentación e preparación, precisan todo tipo de  axuda musical e animan aos veciños/as da Vila a  buscar nos bauis na procura dos recordos fotos, vídeos e audios para colaborar co programa. Como adianto este vídeo de presentación do que será o novo programa de música, Radio Polorri, a canción de Xan Carallás.