Ademais do mellor amigo do home, algúns cans tamén teñen profesión: Son policías, pastores, guías ou axudan en catástrofes humanitarias. O que talvez é menos común é coñecer un can logopeda. Pero hainos. Bianca González utilízaos no seu gabinete, en Redondela, para axudar aos nenos con patoloxías que afectan á súa linguaxe. Barack e Kelly, que así se chaman estes labradores, convertéronse nos seus mellores aliados para mellorar a comunicación dos seus pacientes.