Redondelatv xunto co alcalde de Redondela Javier Bas fan un repaso anual do máis salientable do acontecido politicamente en Redondela durante o ano 2015. O resumo anual consta de tres partes, nesta primeira falarase da remodelación da ponte a Reboreda, a violencia de xénero, o derivo da antiga casa de “Fenosa” e dos aspectos que marcaron a posible recalificación de terreos do “Cadaval”.