Largos meses de espera con polémica incluída entre os partidos políticos sobre a construción do novo pavillón de deportes que está construído sobre terreos da antiga marisma. Un proxecto que arrancaba no ano 2014 e que finalmente xa é unha realidade, 3,000 metros cadrados a disposición dos clubs deportivos que como o concelleiro de deportes Julio Mougán di ” quen mellor ca eles para testar estas novas instalacións “. A obra foi financiada nunha maior parte polos fondos europeos Feder 20111-2013 dentro do Plan Marisma Máis e o Concello de Redondela cun custo total de 2.350.000 euros.