Jose Luís ” Lupo” é o adestrador do ” Chapela BM Rodosa” de balonmán, notable é a nota que lle da as novas instalacións deportivas, e será o tempo e os partidos quen se encarguen de buscar melloras no mesmo. Sobre o seu equipo comentou que lles falta un pouco de máis de concentración para acadar mellores resultados nesta tempada. As lesións tamén están a formar parte dos resultados non de todo positivos das súas xogadoras, “Lupo” ve a S.A.R de Redondela moi forte nesta nova andadura na división de prata, o que considera que non terán problemas para non estar en postos de descenso.