O derradeiro pleno do mes de decembro, realizouse coas expectativas de saber si se comezaría o ano cuns orzamentos aprobados por maioría. O resultado foi que non, tanto o P.S.O.E o B.N.G e A.E.R votaron encontra a única abstención foi por parte da concelleira non adscrita Raquel Quintáns. Pese a ser rechazados pola oposición o Partido Popular levou adiante na xunta de goberno os novos orzamentos para Redondela que ascenden a 18,5 millóns de euros. A voceira do P.P. Mari Carmen Amoedo considera que os novos orzamentos “contemplan as principais necesidades dos veciños de Redondela”