Os Reis Magos de Oriente chegaron a Redondela coa ameaza da choiva, que a medida que ía pasando a tarde facíase notoria. Sobre as seis da tarde facían acto por Vilavella onde os máis pequenos e pequenas esperaban ansiosamente súas maxestades, Sobre as seis e media entraban na rúa Alfonso XII acompañados dos seus paxes, o acto estaba previsto para que as carrozas fixeran dous pases como de constoume pero as fortes choivas fixeron que os Reis acudiran antes de tempo ao Concello onde centos de rapaces facían colan para entregarlle persoalmente as cartas.