Mulleres e memoria de Saxamonde é o título do libro que a Asociación de mulleres Arela de Saxamonde realizou para resaltar a figura da muller nesa parroquia. 169 fotografías ilustran os distintos bloques temáticos que dividen a historia da parroquia, un traballo que o antropólogo Paulo Jablonski realizou xunto a Cooperativa Trespés . O paso do tempo deixaron pegada para moitas das mulleres que saen no libro, unha vida na que todas coinciden do dura e traballosa que foi. “Hoxe en día a vida de agora non ten nada que ver a de antes ” comentan as entrevistadas, facendo fincapé nos tempos pasados.